Diferenza entre homicidio e asasinato
Ambos delitos consisten nunha acción que ten como finalidade terminar coa vida doutra persoa. Sen emabargo, aínda que moita xente os adoite confundir, son diferentes.
O asasinato é un homicidio cualificado. É dicir, mentres que o homicidio consiste en acabar coa vida doutra persoa, o asasinato dáse cando isto se fai coa presenza de catro circunstancias que fan que a acción de matar sexa penada máis gravemente.
Ditas circunstancias son a alevosía; o prezo, recompensa ou promesa; o asañamento; e para cometer outro delito ou impedir que se descubra.
A alevosía é o emprego de medios para evitar que a vítima poida defenderse (por exemplo, atalo ou darlle substancias para evitar unha reacción defensiva).
O prezo, recompensa ou promesa refírese a unha dotación que se recibirá ao cumprir co encargo de asasinar a dita vítima.
O asañamento é aumentar a dor da vítima intencionadamente. É importante que sexa en vida, polo que a mutilación despois de morto non entra dentro desta circunstancia. Un exemplo é nunha pelea, despois de darlle un navallazo que xa o ía matar, pegarlle máis puñaladas para que sufra.
Un exemplo de cometer outro delito ou impedir que se descubra pode ser cando, por exemplo, uns ladróns que intentan atracar una xoiaría e matan ao vixiante que se encarga da súa seguridade.
Polo tanto, cada vez que alguén mate a unha persoa e haxa unha das anteriores circunstancias, non vai ser un homicidio, senón un asasinato. En cambio, se non se dá ningunha das circunstancias, será un homicidio.

Comentarios
Publicar un comentario