Igualdade, discriminacións e accións positivas
O principio de igualdade aparece recollido en dous artigos da Constitución.
No artigo 14 se promulga a igualdade formal ante a lei. É dicir, que todos somos iguales ante a lei; e se engaden determinadas categorías soipeitosas de discriminación, como a raza, o sexo, a relixión ou as opinións.
En cambio, no artigo 9.2 aparece a igualdade material. A igualdade material é un principio que obriga aos poderes públicos (é dicir, ao Estado e ás Administracións) a tomar as medidas que sexan necesarias para que a igualdade entre as persoas sexa real. Xa non é a obriga do artigo 14 de absterse de discriminar, senón de tomar as accións necesarias para eliminar as desigualdades xa existentes.
Hay 3 tipos de discriminacións:
As discriminacións directas son as que, únicamente coa diferenza baseada nas categorías sospeitosas do artigo 14, teñen consecuencias diferentes para varias persoas coas demais características comúns.
As ocultas son as que se intentan camuflar, poñendo como "excusa" outra circunstancia que non estea nestas categorías, pero que na práctica só discrimina a estas (por exemplo, "os que traballen pola tarde cobran menos"; e só poñen a traballar pola tarde a persoas estranxeiras)
As indirectas son aquelas que, intentando que no discriminen, acaban discriminando igualmente. Por exemplo, a regulación dun traballo a tempo parcial (que na práctica está máis ocupado por mulleres), cuxas causas adoitan estar nas circunstancias da sociedade.
O maior expoñente do principio de igualdad real son as accións positivas. Están limitadas polo xuízo de razonabilidade, que establece que: para que unha mesma situación teña consecuencias diferentes, ten que haber un fin que sexa, por exemplo, reducir unha desigualdade (ou que a situación sexa diferente en sí mesma), baseada no principio de igualdade real.
Por exemplo, se as mulleres non ocupan un espazo lexítimo na política (pois nas primeiras lexislaturas só había 27), unha acción positiva é aquela que obriga a que teñan que ocupar polo menos un 40% deste espazo, durante o prazo necesario, para que, ao rematar dito prazo, a desigualdade xa non exista e se poidan eliminar ditas accións, de modo que as mulleres poidan ocupar o espazo que lles pertence.

Comentarios
Publicar un comentario