Diferenza entre agresión sexual, abuso sexual e violación

Estes tres delitos consisten en atentar contra a liberdade sexual dunha persoa. É dicir, cometer actos sexuais sen consentimento do suxeito pasivo (a vítima). Partindo desta base, pódense distinguir tres delitos diferentes.

En primeiro lugar, os abusos sexuais. Son aqueles actos que atenten contra a liberdade sexual sen que haxa nin violencia nin intimidación. Tamén son abusos os que se cometen con persoas que non teñan sentido, que sexan drogadas, ou cuxo consentimento se obtivera por una relación de superioridade. Se hai acceso carnal por vía bucal, anal ou vaxinal ou introdución de obxectos ou membros por esas cavidades, aplicarase un tipo agravado.

As agresións sexuais son aquelas cometidas cando, para atentar contra a liberdade sexual se empregan violencia ou intimidación.

A violación dáse cando hai violencia e intimidación, pero ademais, tamén hai acceso carnal por vía bucal, anal ou vaxinal ou introdución de obxectos ou membros por esas cavidades.

Qué son a violencia e a intimidación
A violencia é o emprego da forza para obrigar a unha persoa a realizar un acto en contra da súa vontade.
A intimidación é o anuncio dun mal inmediato e grave que desperte na vítima un sentimento de medo ou angustia, ante a posibilidade de que se cumpra dita ameaza. 

Para que haxa violencia e intimidación non é necesario que a vítima opoña resistencia, senón que a forza ou a ameaza sean as necesarias para coartar a súa vontade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igualdad, discriminación y acciones positivas

Diferencia entre homicidio y asesinato