Dereito á intimidade, á honra e á propia imaxe
Dereito á honra
Este é un dereito no que se protexe tanto a estimación que nós temos de nós mesmos coma a que teñen os demáis de nós. Tamén se protexen aos menores e ás persoas xurídicas (empresas, asociacións, etc.). A súa expresión máis coñecida, tamén chamada difamación protexe as expresións que lesionen a dignidade desa persoa, a súa fama ou a propia estima e só existe cando os feitos son falsos. Tamén se protexe do insulto formal.
Dereito á intimidade
Protexe a apropiación da imaxe dunha persoa e a intrusión na súa vida. Algúns exemplos son gravar a vida privada ou divulgar feitos da súa vida privada e íntima. Está protexida aínda que os feitos sexan verdade, cando non exista interese público (por exemplo, o casamento do rei de España considérase de interese público).
Dereito á propia imaxe
Protexe a publicación, reprodución e comercialización de cada un sobre a súa propia imaxe, dende un punto de vista enfocado á publicidade.
O suxeito protexido en ambos delitos pode consentir intromisións (por exemplo, unha persoa que se deixa ser gravada no programa de TV Gran Hermano), para o que se necesita o consentimento expreso. No caso de menores, só poden dalo se a súa madurez o permite. Se non é o caso, o se representante legal (pai, nai ou tutor) deberá poñelo en coñecemento dun Fiscal.
Non son infraccións as autorizadas pola Autoridade, as de interés histórico, cultural o u científico nin as actuacións de cargos públicos en actos públicos, as caricaturas e as fotografías tomadas como información accesoria das noticias.
A información publicada sobre unha persoa ten que ser veraz. É dicir, que tras unha labor de investigación se considere que pode ser certa. Se se fai dita investigación e a noticia é considerada de interese público, é lícito publicala, aínda que sexa mentira. Pero se son datos da intimidad dunha persoa, queda protexido aínda que sexa verdade.

Comentarios
Publicar un comentario