Constitución: partes e garantías (galego)


A Constitución Española de 1978 ten dúas partes:
Unha parte orgánica, onde se regula o modelo de Estado. Un Estado Social e Democrático de Dereito (expresión que explicarei noutra entrada), baseado nunha monarquía parlamentaria.
E unha parte dogmática, onde se recollen os valores e principios que inspirarán o seu funcionamento, así como os dereitos dos ciudadanos. Ten que completarse coas leis, pero cunha serie de garantías para que non se vulnere o seu contido esencial.

Garantías
Hai dous tipos de garantías: as ordinarias e as extraordinarias.
As garantías ordinarias son o control previo de constitucionalidade dos Tratados Internacionais e dos Estatutos de Autonomía que pode facer o Tribunal Constitucional (órgano que controla que se cumpla a Constitución), para que se axusten ao establecido nela, porque se non, deberían ser rexeitados; e o control a posteriori, cun recurso de inconstitucionalidade no que o Tribunal Constitucional (a petición do goberno, valedor do pobo, parlamentarios ou Comunidades Autónomas) controla que as leis ditadas sexan conformes ao establecido na Constitución e coa posibilidade dun recurso de amparo, que poden pedir as persoas no caso de que crean que os xuíces ordinarios aos que acudiu vulneraron algún dereito fundamental recollido na Constitución, e tamén será controlado polo Tribunal Constitucional.

As garantías extraordinarias son os procedementos cualificados (é dicir, con maiorías de 3/5 ou de 2/3 máis referéndum, segundo que materia se proceda a cambiar), que tamén foron necesarias para que a Constitución se aprobase. Isto é así para que a Constitución sexa unha base común e de consenso, a partir da cal (segundo o xogo de maiorías) facer as leis (cada quen as que prefira), pero mantendo sempre o denominador común que cohesione o Estado español (denominador que foi elaborado en 1978 e que só se poderá cambiar no caso de conseguir as maiorías oportunas).

A pesar disto, non todos os dereitos recollidos nela poden ser reclamados ante xuíces e tribunais, nin susceptibles de recurso de amparo, senón únicamente os establecidos entre os artículos 15 e 38 (para o recurso de amparo só ata o 29). Os recollidos entre o 39 e o 52, como o dereito a unha vivenda digna, son principios reitores ou dereitos sociais que o que fan é inspirar ao goberno nas súas tarefas, e que non poden contrariar, pero non son dereitos directamente aplicables como o é por exemplo o dereito á liberdade ideolóxica.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igualdad, discriminación y acciones positivas

Diferencia entre homicidio y asesinato